A feira de Caza, Pesca e Natureza celebra a súa 5ª edición

Un espazo único para a converxencia de empresas e afeccionados

Fecap Abanca 2018 será o mellor marco posible para que a oferta de caza, pesca e natureza interaccione cos seus potenciais clientes:

• A súa atractiva exposición continúa mellorando cifras de participación e negocio, aumentando o seu valor como escaparate do sector.
• O seu programa de actividades, con gran acollida en cada edición, volve a caracterizarse pola súa amplitude e interese.
• A singularidade de ser o único evento coa súa temática en Galicia, unha comunidade con gran cantidade de federados e afeccionados, asegura a resposta de público tanto galego como de rexións limítrofes.

 

fecap feria

activida
Nun pavillón propio e cunha completa proposta
A zona expositiva de Fecap Abanca estará de novo localizada nun pavillón exclusivo para este certame, aínda que integrado na 41ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia para crear sinerxías.

Incluirá unha maior variedade de produtos e servizos co obxectivo de satisfacer as demandas de todos os visitantes e seguir potenciando a súa efectividade comercial.
Unha aposta de calidade que se estenderá tamén á súa programación. Esta caracterizarase unha vez máis pola súa gran capacidade de atraer visitantes, reforzando as súas xornadas, talleres, exhibicións e tamén a súa Exposición de Cans de Caza, a cal volverá a contar con interesantes monográficos.

 
expo cans de caza
Exposición de Cans de Caza
Esta mostra crecerá considerablemente, englobando seis monográficos de outras tantas razas: Azul de Gascuña, Sabueso Español, Griffón Vendeano, Beagle e Leonado de Bretaña, ademais dunha mostra de Montaña do Pirineo. Todos competirán no XV Concurso Nacional Canino.
 
1caza
Unha notable evolución nas súas últimas edicións
A feira celebra a súa quinta edición apoiada por un importante crecemento nas dúas últimas citas, polo que segue apostando en 2018.

Na súa pasada convocatoria rexistrou un 31% máis de expositores e un 49% máis de superficie, ademais de manter a confianza de destacadas firmas e contar por primeira vez con outras recoñecidas empresas do sector.
Sumáronse as súas magníficas actividades, 40 distintas, con numerosas novidades e gran éxito.

Para estar presente con stand, temos as mellores opcións:

Como ser expositor

colaboran

 
 
 

Style Selector

Layout Style

Background Image